sábado, 7 de abril de 2012

MALDITOS PORCOS, O FONTANEIRO DOS COGHUMELOS E PELOTAS


Por Femia Castradora

Rínse de ti, crénse moi listos. Cobardes escondidos no mais fondo da estrutura. Vouche tirar un paxaro dos que esplotan. Ó melhor fágholhe un morado na cabesa. Non tenhen corpo. Un porco sen xamón nin é porco, nin é nada. Se o paxaro ghordo solta unha bomba- ovo quizais o poida aprastar coas paredes, sempre que sexan das que son mais brandinhas. Hai outras que deben ser de hormighón armado. Esas non as tira nin a mulher do Paco co trator. Estoume a cabrear. Mira que tenhen cara de malos, pero eses paxaros non poden cos porcos. Nin siquera o tucán, que é coma un bumerán. Vou a outro. Xa estou cabreada.

Un clásico. O fontaneiro e mailo seu irmán. Qué fai cunha prinsesa? Ela failhe caso? É unha prinsesa campechana. O fontaniero todo o día a trabalhar para que a prinsesa non bote de menos a súa vida no palasio.  Corre para alí, salta por acolá. O bighote está molhado de tanto suar. Non sei se a prinsesa lhe dará un bico aghora, as prinsesas non suan, soio, as veses, brilhan, non vaias a pensar mal. Mario cabréase. Non para a colher moedas, e coghumelos, para que logho venha con finesas. Esto non vai por bó caminho. A prinsesa está coa mosca detrás da ourelha, mira coma acabaron os Romanov.

Vou de dianteira. Coma non me ghusta moito, vou ver se podo castrar ó árbitro.  Fifa castradora, a novidade mundial en xoghos. Ten unha resolusión da leite, mismo Vinghador bota destelhos coma se estivera fora da pantaia. Ó rematar a xoghada, pódese botar un baile coas companheiras: ai si eu che castro, ai, ai, se eu che castro!

Xa estou estresada.  Vou botar uns bailes, que para iso é fin de semana.  Vou arrasar na discoteca. Dóeme a cabesa, vexo todo coma se houbera néboa. Tenho os olhos inxectados en sanghre. Bótome vispring. Meto a Vinghador no bolso.

Apertas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario